Estes crustáceos acuáticos de desenvolvemento directo atópanse por todo o mundo, tanto no mar como en auga doce.[4] Aínda que tamén se observou parasitando especies de ras e salamántigas,[5] maiormente son ectoparasitos de peixes dunha enorme variedade de especies. Cando chega a unha vítima, introdúcelle o seu estilete bucal, polo cal inxecta encimas dixestivas que licuifican o tecido, para logo alimentarse da papa resultante, absorbéndoa.[6]
O peixe afectado incrementa a súa secreción de mucus, desenvolvendo na pel lesións ulcerosas e reaccións inflamatorias; en casos onde o cadro se agrava, chéganse a comprometer as capas máis profundas da derme. Normalmente o peixe presenta unha sintomatoloxía característica, consistente en alteracións na conduta, progresiva anemia, perda de peso e unha coloración máis escura, isto último prodúcese como resultado dunha modificación do padrón de coloración normal ao verse alterados os cromatóforos pola acción das toxinas dos estiletes.[7][8] O dano no hospedador adoita agravarse xa que, como resultado da súa actividade, xérase unha físgoa por onde penetran axentes patóxenos, producindo infeccións fúnxicas e bacteriais, sumado a que o peixe sofre un proceso de inmunodepresión (tensión). Ataca tanto peixes en liberdade en ambientes naturais como os confinados en establecementos de piscicultura[9] e até peixes en acuarios domésticos.[10] A doenza que contraen os peixes denomínase argulose.
↑Meehan, O. L. (1940). A review of the parasitic Crustacea of the genus Argulus in the collections of the United States National Museum. Proceedings of the United States National Museum.
↑Müller, O. F. (1785). Entomostraca seu Insecta Testacea, quae in aquis Daniae et Norvegiae reperit, descripsit et iconibus illustravit. 135 pp.
↑Weibezahn, F. H., & Cobo, T. (1964). Seis argúlidos (Crustacea: Branchiura) parásitos de peces dulceacuícolas en Venezuela, con descripción de una nueva especie del género Argulus. Acta Biológica Venezuélica, 4(2), 119-144.
↑Kennedy, C. R. (1974). A checklist of British and Irish freshwater fish parasites with notes on their distribution. Journal of fish Biology, 6(5), 613-644.
↑Walker, P. D., Flik, G., & Bonga, S. E. W. (2004). The biology of parasites from the genus Argulus and a review of the interactions with its host. In Host-parasite interactions (pp. 107-128). Taylor & Francis.
↑Nicolás García Romero. (2016).Alteraciones patológicas del pejerrey (Odontesthes bonariensis c.) en ambientes naturales y bajo condiciones de cultivo. Revisión. en: Grosman F. “Fundamentos biológicos, económicos y sociales para una correcta gestión del recurso pejerrey”, Capítulo X. Revista AquaTIC.
↑Hoffman, G. L. (1977). Argulus, a branchiuran parasite of freshwater fishes.
↑Shimura, S. (1983). Seasonal occurrence, sex ratio and site preference of Argulus coregoni Thorell (Crustacea: Branchiura) parasitic on cultured freshwater salmonids in Japan. Parasitology, 86(3), 537-552.
↑Yildiz, K., and Kumantas, A. (2002). Argulus foliaceus infection in a goldfish (Carassius auratus). Isr J Vet Med, 57(3), 118-120.