Aricia cramera | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Aricia cramera' Eschscholtz, 1821 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A Aricia cramera é unha bolboreta da familia Lycaenidae. Habita no sur de Europa e África do norte, e pode ser observada dende Marrocos e Tunisia até España e Portugal, así como na illa mediterránea de Menorca e nas illas Canarias.[1][2][3][4]
A súa envergadura alcanza os 30 mm. A bolboreta voa desde maio a setembro dependendo da localización.
As larvas aliméntanse de Erodium, Helianthemum e de especies de Geranium.[5]
A Aricia cramera posúe unha gran plasticidade ecolóxica que lle permite reproducirse e alimentarse nos máis diversos hábitats. No entanto, prefire bancais expostos ao sol e con abundante floración.[6]