Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV a. C. Samos, Grecia |
Morte | século III a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo , matemático |
Aristilo (s. -IV - -III)[1] foi un astrónomo grego, que canda Timocares de Alexandría, compilou un dos primeiros catálogos de estrelas que se coñecen e que foron utilizados posteriormente para establecer a precesión dos equinoccios.
Aristilo como Timocares traballaban no Museo de Alexandría e foron destacados partícipes na realización dunha compilación sistemática da posición de estrelas e planetas facendo uso de instrumentos graduados. Os datos do devandito catálogo foron utilizados por Hiparco de Nicea para descubrir a precesión dos equinoccios ao comparar as súas observacións das posicións de diversas estrelas coas obtidas por Aristilo e Timocares século e medio antes. Pola súa banda, Tolomeo usou as posicións dos planetas recollidos por Aristilo e Timocares para deducir a súa teoría sobre o movemento dos planetas.[2]
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |