Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Tolima | |||
Poboación | ||||
Poboación | 11.490 (26,08 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 440,5 km² | |||
Altitude | 285 m | |||
Creación | 1895 | |||
Sitio web | armeroguayabal-tolima.gov.co… |
Armero é o nome dunha antiga cidade de Colombia, sepultada debido á erupción do volcán Nevado del Ruiz, nos Andes, o 13 de novembro de 1985.
A erupción volcánica provocou unha avalancha de lava e rochas con ata 104 metros de espesor. Como consecuencia da avalancha faleceron unhas 23.000 persoas, a maior parte da poboación de Armero. Entre elas estaba Omayra Sánchez, unha nena de trece anos que faleceu diante das cámaras de televisión nunha agonía que durou unhas sesenta horas. Só os habitantes que marcharan do concello de véspera salvaron a vida.