Armstrong Whitworth Aircraft

Armstrong Whitworth Aircraft
Fundación1912
Industriaaviación
Produtosavións, dirixibles, mísiles
editar datos en Wikidata ]

Armstrong Whitworth Aircraft ou Sir W. G. Armstrong Whitworth Aircraft Company foi un fabricante británico de avións.

Armstrong Whitworth Aircraft fundouse como o departamento aéreo (Aerial Department) do grupo de enxeñería Sir W. G. Armstrong Whitworth & Company en Newcastle-upon-Tyne no ano 1912, e dende c. 1914 ata 1917 empregou ao deseñador de avións neerlandés Frederick Koolhoven (de aí os modelos "F.K.").[1]

En 1920, Armstrong Whitworth mercou o fabricante de motores e automóbiles Siddeley-Deasy. Os negocios de motores e automóbiles de ámbalas dúas compañías pasaron a ser Armstrong Siddeley, e os intereses de aeronaves quedaron na Sir W. G. Armstrong Whitworth Aircraft Company.[2] Cando Vickers e Armstrong Whitworth se fusionaron en 1927 para formar Vickers-Armstrongs, Armstrong Whitworth Aircraft e Armstrong Siddeley foron mercados por J. D. Siddeley e non se uniron ao novo grupo.[3] Isto deixou dñuas compañías de aeronaves con Armstrong no nome: Vickers-Armstrongs (normalmente coñecida tan só como "Vickers") e "Armstrong-Whitworth".

Armstrong Whitworth Whitley

O avión máis exitoso producido por Armstrong-Whitworth no período de entreguerras foi o Siskin, que voou por vez primeira en 1919 e permaneceu en servizo coa RAF ata o ano 1932, fabricándose 485 unidades.[3]

En 1935, J. D. Siddeley retirouse e Armstrong Whitworth Aircraft foi mercada por Hawker Aircraft, e o novo grupo converteuse en Hawker Siddeley Aircraft. As empresas compoñentes de Hawker Siddeley cooperaron, pero operaron como entidades individuais.[4]

En marzo de 1936 o primeiro bombardeiro Armstrong Whitworth Whitley fixo o seu voo de estrea, chegándose a fabricar 1 814para a RAF ata xullo de 1943.[5] Durante a guerra, Armstrong Whitworth tamén fabricou 1 328 Avro Lancaster e deseñou o bombardeiro de recoñecemento Armstrong Whitworth Albemarle que foi despois fabricado por A. W. Hawksley Ltd, parte do grupo Hawker Siddeley.[6]

Armstrong Whitworth construíu 281 Avro Lincoln en Baginton dende 1945 ata 1951.[7] Despois, durante os anos 50, Armstrong Whitworth Aircraft fabricou moitos cazas a reacción Gloster Meteor, Hawker Seahawk, Hawker Hunter e Gloster Javelin nas súas factoría de Bitteswell e Baginton para a Royal Air Force, a Royal Navy e a Real Forza Aérea de Bélxica.[8]

O avión de pasaxeiros Armstrong Whitworth Apollo non tivo éxito[9] e a compañía foi finalmente fusionada con outra empresa de Hawker Siddeley, Gloster Aircraft Company, para formar Whitworth Gloster Aircraft en 1961. No ano 1963 Hawker Siddeley eliminou os nomes das compañías que o formaban dos seus produtos, e o derradeiro produto de Armstrong Whitworth, o Argosy, converteuse no Hawker Siddeley Argosy.[10]

Aeronaves

[editar | editar a fonte]

Entre parénteses indícase o ano do seu primeiro voo.

Armstrong Whitworth Aerial Department
Armstrong-Siddeley
Armstrong-Whitworth

Dirixibles

[editar | editar a fonte]
  1. Tapper 1988, pp. 5-10
  2. Tapper 1988, pp. 17-18
  3. 3,0 3,1 Tapper 1988, pp. 25-26
  4. Tapper 1988, p. 34
  5. Tapper 1988, pp. 38-41
  6. Tapper 1988, p. 42
  7. Tapper 1988, p. 357
  8. Tapper 1988, pp. 358-362
  9. Tapper 1988, p. 307
  10. Tapper 1988, p. 326

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Tapper, Oliver. Armstrong Whitworth Aircraft since 1913. Londres: Putnam, 1988. ISBN 0-85177-826-7.