Arnold de Lantins

Modelo:BiografíaArnold de Lantins
Biografía
Nacemento1420 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Diocese de Liège, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1430 (<2 de xullo de 1432) Editar o valor en Wikidata (11/21 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica medieval (pt) Traducir e Música renacentista Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola franco-flamenga Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: bc484e50-8f2d-44ba-ad51-15f4fc5fb720 Discogs: 962108 IMSLP: Category:Lantins,_Arnold_de Editar o valor en Wikidata

Arnold de Lantins, tamén coñecido como Arnoldus de Lantinis, (fl. 1420 - antes do 2 de xullo de 1432), foi un compositor de finais da Idade Media e principios do Renacemento pertencente á escola francoflamenga.[1] É un duns poucos compositores que amosa aspectos dos estilos medieval e renacentista. Foi contemporáneo de Guillaume Dufay durante a estadía deste en Italia.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Igual que ocorre con outros compositores desta época, coñécese moi pouco sobre a súa vida, fóra duns poucos anos desde a década de 1420 ata arredor de 1430. Crese que proviña de Flandres ou de zonas próximas. A principios da década de 1420 é probable que estivese ao servizo da familia Malatesta, en Rimini ou Pesaro, cidades do Adriático italiano, xa que Dufay o menciona no texto dun rondó que foi escrito entre 1420 e 1424. Sábese que Lantins estaba en Venecia en 1428 e en Roma en 1431; nesta última cidade formou parte do coro da capela papal como cantante, xunto a Dufay[3][4]. Permaneceu en Roma seis meses e despois nada se sabe do resto da súa vida. Roma estaba a entrar nun período de axitación relacionada co movemento conciliador tras a morte en febreiro de 1431 do papa Martiño V, e moitos músicos abandonan a cidade nese momento ou pouco despois; é probable que Lantins fose un deles.

Non se pode asegurar se Arnold de Lantins era parente de Hugo de Lantins, un compositor activo no mesmo tempo ca el. Non é improbable, xa que as obras de ambos adoitan figurar xuntas en coleccións e parece que puideron estar nas mesmas rexións xeográficas. No entanto, unha gran diferenza estilística entre as obras dos dous compositores confirma que non pode ser a mesma persoa.

A música de Lantins tívose en alta estima e ​​aparece xunto á de Guillaume Dufay, Gilles Binchois e Johannes Ciconia nas coleccións de manuscritos contemporáneos. Un motete en particular (Tota pulchra es) atópase en fontes amplamente difundidas e, dado que isto tivo lugar antes da chegada da imprenta, a ampla distribución das copias considérase unha evidencia da fama e da popularidade dos compositores.[5]

Arnold de Lantins escribiu diversas misas completas e tamén varias partes dunha misa composta en Boloña sumándose aos movementos escritos por Johannes Ciconia. Existen outros exemplos de autores que engaden movementos a misas parciais escritas por outros compositores, como por exemplo Zacara da Teramo. Os movementos de misas de Arnold de Lantins son bastante simples musicalmente, con tres voces; utiliza a técnica do motivo principal e evita a escritura imitativa.[6]

Algunhas das súas obras sacras, como os seus motetes marianos, conteñen escritura melódica florida e certo uso da imitación.

Tamén escribiu música profana, entre a que se inclúen baladas e rondós, todos en francés, así como algunhas outras pezas máis curtas. Algúns deles refírense a persoas ou acontecementos específicos, pero ningún se puido identificar de xeito concluínte.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 1954. Music at the Burgundian Court. Dufay, Ockeghem, Obrecht. Pro Musica Antiqua, Safford Cape. (Vanguard Everyman).Información en medieval.org (en inglés)
  • 1988. Musica del XV Secolo in Italia. Ensemble Ars Italica. (Tactus).Información en medieval.org (en inglés) (Contén In tua memoria).
  • 1995. Music in Flemish Cities and Beguignages 1400-1500. Capilla Flamenca. (Eufoda).Información en medieval.org (en inglés)
  • 2001. Lantins: Missa Verbum incarnatum. Capilla Flamenca, Psallentes, Oltremontano (Ricercar Records).Información en medieval.org (en inglés) (Contén O pulcherrina mulierum).
  • 2008. The St. Emmeram Mensural Codex. Múnic, Bayerische Staatsbibliothek, clm 14274. Stimmwerck. (Aeolus).Información en medieval.org (en inglés) (Contén Tota pulchra es).
  • 2011. The Flemish Polyphony. Varios intérpretes. (Ricercar).Información en medieval.org (en inglés)
  1. Randel, Don Michael. The Harvard Biographical Dictionary of Music. Harvard University Press. 1996. Páxina 484. (En inglés)
  2. Allsen, J. Michael; Schoop, Hans. "Arnold de Lantins". En Grove Music Online Arquivado 01 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. Ed. Macy.
  3. Planchart, Alejandro. "Guillaume Dufay". En Grove Music Online Arquivado 01 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. Ed. Mancy.
  4. Gleason, Harold et Al. Music in the Middle Ages Renaissance. Alfred Music. 1988. Páxina 99. (En inglés)
  5. Arnold de Lantins. En Allmusic.com (En inglés)
  6. Widaman, Jean. The Mass Ordinary Settings of Arnold de Lantins: a Case Study in the Transmission of Early Fifteenth-Century Music Arquivado 14 de maio de 2013 en Wayback Machine.. 1988

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]