Aromatum Chaos | |
---|---|
Aromatum Chaos e Ravi Vallis, vistos dende o Viking Orbiter | |
Tipo de rexión | Chaos |
Terreo caótico de | Marte |
Lonxitude | 72,8 km[1] |
Coordenadas | 1,04° S 42,97° O[1] |
Procedencia do nome | Nome dun antigo accidente xeolóxico de Marte.[1] |
Aromatum Chaos é unha depresión profunda, no que se considera un terreo caótico. É o nacemento da canle Ravi Vallis, e está situado no extremo oriental de Xanthe Terra, no cuadrángulo de Margaritifer Sinus (MC-19) de Marte, situado sobre as coordenadas 1°05′S 317°00′L / -1.09, 317.0. Aromatum Chaos ten unha lonxitude de 91,5 km (e 72,8 km. segundo a web do USGS[1]), e ten unha anchura media de preto de 30 km.[2][3][4][5]
A profundidade máxima do chan de Aromatum Chaos foi estimada nuns 3,45 respecto do seu bordo. A profundidade media dos dous terzos occidentais da depresión de Aromatum Chaos é de preto de 1,64 km, e da restante parte oriental, preto dun terzo da superficie, estímase nuns 1,2 km de profundidade respecto do bordo da depresión (usando datos topográficos do MOLA). Así pois, a profundidade media é duns 1,49 km.[2][3]
Pénsase que a depresión de Aromatum CHaos e a veciña canle de Ravi Vallis foron causados polas interaccións do criovulcanismo, que inclúen unha combinación diques e peitorís, que fenderon a criósfera que estaba baixo da superficie, coma se fose a perforación dun acuífero, dando coma resultado a liberación de grandes cantidades de auga. Pola outra banda, provocou o colapso da codia terrestre, creando a depresión de Aromatum Chaos, e unha inundación catastrófica, que formou a canle de saída Ravi Vallis. A inundación estímase que durou entre 2 e 10 semanas.[2][3]
As interaccións criovolcánicas coma as que tiveron lugar en Aromatum Chaos, e as inundacións catastróficas resultantes que formaron a veciña canle de saída Ravi Vallis, tamén se sabe que tiveron lugar noutras partes de Marte, coma por exemplo en Kasei Valles[6] e Mangala Valles.[7][8]
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aromatum Chaos |