Nome orixinal | (grc) Ἀρχέστρατος ὁ Συρακούσιος ἢ Γελῷος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IV a. C. Gela, Italia |
Morte | 330 a. C. |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
Arquéstrato (en grego, Ἀρχέστρατος, Arkhéstratos) foi un antigo poeta grego de Xela e Siracusa, en Sicilia, que escribiu a mediados do século -IV.
O seu poema humorístico didáctico Hedypatheia ("o bo comer"), escrito en versos hexámetros, aconsella ao lector gastronómico sobre onde atopar a mellor comida no mundo mediterráneo. O escritor, que deseñou o texto sobre a base dos antigos textos de Hesíodo ou Teognis sobre comellóns, parodia o estilo de antigos poetas gnómicos. O escrito centra a maior parte da súa atención nos peixes, a pesar de que algúns dos fragmentos iniciais se refiren aos aperitivos, e tamén hai unha sección sobre o viño. O poema gozaba de certa notoriedade entre os lectores dos séculos -IV e -III: foi mencionado polo poeta cómico Antífanes, por Linceo de Samos e polos filósofos Aristóteles, Crisipo de Soli e Clearco de Soli. En case todos os casos, estas referencias eran despectivas, o que implica que o poema de Arquéstrato, do mesmo xeito que o manual de sexo de Filénide, era posíbel que corrompesen aos seus lectores. Esta actitude exemplifícase nos Deipnosofistas de Ateneo con citas de Crisipo:
Este, profundamente admirábel, Crisipo, n'"A bondade e o pracer" libro V, di: «así mesmo os libros de Filénide, a Gastronomía de Arquéstrato, e os estimulantes para amar e as relacións sexuais, pero tamén as cortesás que practican estes movementos e posturas e se especializan no tema.», e máis adiante di: «aprenden estes de memoria ese tipo de cousas e posúen os libros sobre o tema de Filénide, Arquéstrato e de outros escritores de temas similares.» No libro VII, di: «polo tanto non se trata de estudar a Filénide, ou a Gastronomía de Arquestrato, coa expectativa de mellorar a vida de un!». Claramente, ao citar a este Arquéstrato tan a miúdo, vós enchestes o noso banquete de indecencia. Hai algo calculado para corromper que este fino poeta non dixo?
- Ateneo, Deipnosofistas VIII (335d-f).
Existen 62 fragmentos do poema de Arquéstrato que chegaron até os nosos días, todos eles por ser citados por Ateneo na súa obra Deipnosofistas. O poema foi traducido ou imitado en latín por Ennio.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquéstrato de Xela |