Arroyo Club Polideportivo

Arroyo CP
NomeArroyo Club Polideportivo
Fundación1968
EstadioMunicipal de Arroyo de la Luz,
Arroyo de la Luz, Cáceres, España
Capacidade3.000
PresidenteEspaña Juan Bermejo Bermejo
AdestradorEspaña Juan Marrero Roig
Liga2ªB - Grupo 4
2011–12 (Terceira División)
Na rede
http://www.arroyocp.es/
Titular

O Arroyo Club Polideportivo é un club de fútbol de España, da localidade de Arroyo de la Luz, na provincia de Cáceres. Foi fundado en 1968 e actualmente xoga na Segunda División B Española por primeira vez na súa historia.

Na tempada 2009/10 clasifícase por primeira vez na súa historia para xogar a fase de ascenso a Segunda B como cuarto clasificado do grupo XIV, pero foi derrotado na primeira eliminatoria polo Alfaro. Na tempada seguinte volve clasificarse, esta vez como terceiro clasificado. Nesta ocasión o seu rival sería a Gimnástica Segoviana, aínda que tampouco consegue o ascenso.

Na tempada 2011/12, o club presenta uns dos orzamentos máis altos de toda a categoría, póndose como obxectivo lograr o ascenso de categoría. Non perder ningún partido en 26 xornadas, foi unha das claves para que se proclamara campión de Terceira na xornada 34 por primeira vez na súa historia. Nesta ocasión disputou a fase de ascenso como campión de grupo e enfrontouse ao SD Ejea. Tras gañar 1-2 en terras aragonesas, perdeu 0-1 en Arroyo de la Luz pero conseguiu por primeira vez na súa historia o ascenso a Segunda B.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 1 (Incluída a 2012/13)
  • Tempadas en : 7

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1968-97 Rexional
1997/98 18º
1998-02 Rexional
2002/03 16º
2003/04 16º
2004/05 20º
2005-09 Rexional
2009/10
2010/11
2011/12
2012/13 2ªB -

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]