A arte visigótica é aquela que designa as expresións artísticas creadas polos visigodos, que entraron na Península Ibérica no ano 415 e se converteron no pobo dominante da rexión até a invasión musulmá no 711. Este período da arte ibérica se notabiliza pola arquitectura, artesanado (especialmente ourivaría) e a escrita visigótica. O impulso artístico provén da man de Santo Isidoro (As Etimoloxías) e maila unidade política e relixiosa de Recaredo.
A división do Imperio Romano por Teodosio produciu a ruptura da unidade cultural do mundo antigo. A crise do mundo romano apareceu no século III, debido á gran crise económica que padecía o Imperio e maila presión dos pobos xermánicos, que remataron co seu asentamento nestes territorios, dando lugar á aparición dun horizonte cultural fragmentado con manifestacións artísticas moi diversas en cada rexión.[1]
A arte visigótica, a podemos atopar en forma de arquitectura, escultura e ourivaría, mais non en forma de pintura. A relixión xoga un papel fundamental, polo feito de que a arte e os espazos con finalidade política ou privada poden ser reutilizados da época hispanorromana, mais no aspecto relixioso hai unha ruptura total. As súas influencias son variadas, con aspectos da arte prerromana, grega, norteafricana, paleocristiá e bizantina.
O tipo de construcións son igrexas pequenas, situadas no campo e erguidas mediante perpiaños. As súas características principais sonː
Algunhas das igrexas que pertencen a esta arte son:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arte visigótica |