Arteria cerebral media

A arteria cerebral media ou arteria silviana, é unha das arterias que irrigan o cerebro. É rama da arteria carótide interna e a súa irrigación sanguínea divídese en dúas porcións, unha porción basal e outra cefálica.

A arteria cerebral media denomínase arteria silviana, porque axiña que se desprende da carótide interna, introdúcese na cisura de Silvio. Ten dúas ramas principais, unha rama basilar, que irriga parte do núcleo caudado e do tálamo. Unha das ramas distais da rama basilar é a que frecuentemente causa a hemorraxia cerebral de Charcot. As ramas da porción cortical van irrigar gran parte da cortiza cerebral.

Falamos de catro partes:

  • M1: Porción horizontal ou esfenoidal. Irriga os ganglios basais.
  • M2: Porción insular ou silviana. Irriga a cortiza insular.
  • M3: Porción opercular. Irriga a Ínsula de Reil e outros fragmentos corticais. Algúns autores falan en conxunto de M2 e M3.
  • M4: Porción terminal ou cortical. Irriga a cortiza cerebral.
  • Ramo frontobasal: Irriga a circunvolución frontal inferior.
  • Arterias prefrontais: Irriga a circunvolución frontal media. Pode anastomosarse coa arteria cerebral anterior.
  • Arteria precentral ou prerrolándica: Irriga parte da circunvolución frontal inferior e as partes máis inferiores da circunvolución precentral.
  • Arteria central ou rolándica: Irriga a circunvolución precentral.
  • Parietal anterior
  • Parietal posterior
  • Angular
  • Temporo-parietal
  • Temporopolar
  • Temporal anterior
  • Temporal media
  • Temporal posterior: Irriga a ínsula de Reil.

Territorio que vasculariza

[editar | editar a fonte]
  • Case toda a cortiza agás as partes máis superiores da cortiza frontal e parietal (territorios da arteria cerebral anterior), e a parte inferior da cortiza temporal.
  • Parte da cápsula interna e dos ganglios basais.

Patoloxías

[editar | editar a fonte]

A arteria cerebral media a miúdo se obstrúe causando hemiparesia (paralización dun lado do corpo) que pode afectar á faciana, brazo e perna, así como alteracións sensitivas e visuais.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]