A arteria colateral externa é unha pequena arteria que abastece o dedo índice da man. É unha rama da arteria radial, que xorde preto da saída da arteria colateral interna, discorrendo coma esta, entre os músculos interóseos dorsais e o adutor do polgar. Avanza por todo o dedo índice onde adoita emitir unha rama para anastomosarse coa arteria colateral interna do dedo polgar e outra cara ao arco palmar arterial superficial.
Nalgunhas ocasións, xorde nun tronco común coa arteria colateral interna do dedo polgar, na denominada primeira arteria palmar metacarpiana.