A arteria cubital colateral inferior é unha arteria do membro superior que xorde a uns cinco centímetros por encima do cóbado. Discorre por dentro do bíceps braquial para despois pasar pola parte posterior do brazo, entre o úmero e o tríceps braquial. Neste punto, forma un arco por encima da fosa olecraniana coa arteria umeral fonda.
Á altura do antebrazo, da dous grupos de pólas, unhas cara a arteria cubital colateral superior e outras descenden ata o epicóndilo medial, onde se anastomosan coa arteria recorrente cubital anterior. Por detrás do epicóndilo, varias pólas diríxense cara a arteria recorrente cubital posterior.