A arteria radial palmar superficial é unha arteria do membro superior, póla da arteria radial, que discorre pola parte externa do pulso, para estenderse e abastecer de sangue a eminencia tenar. Ao longo do seu traxecto adoita emitir unha póla cara a parte máis distal da arteria cubital, formando o arco palmar arterial superficial da man.