Artródiros (Arthrodira) Rango fósil: silúrico superior (?) - Devoniano superior | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Reconstrución de Dunkleosteus terrelli | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subordes e infraordes | |||||||||||||
|
Os artródiros (Arthrodira) son unha orde de peixes acoirazados pertencente á clase dos placodermos, que predominou no período devoniano e se extinguiu a finais deste, sobrevivindo ao redor de 50 millóns de anos e habitando en moitos nichos ecolóxicos mariños.
O termo do latín científico Arthrodira componse dos elementos arthro-, derivado do grego antigo ἄρθρον árthron, 'articulación', 'xoga', e -dira, tirado do grego δειρή deiré, 'pescozo', coa terminación en -a para indicar substantivo neutro plural. O significado é, pois, os de pescozo articulado.
A pronuncia do ditongo -ει- é /i/, polo que se transcribe en latín como -i- (breve). Por iso, segundo as normas da prosodia latina, o acento tónico recae na vogal da sílaba anterior, neste caso no "o" de arthro-, polo que resulta unha voz proparoxítona (esdrúxula), sendo por tanto a súa pronuncia en galego artródiros.
Os artródiros tiñan unha armadura que rodeaba o corpo, incliuíndo a cabeza. A boca podía ter unha grande apertura. Carecían de dentes diferenciados; como todos os placodermos utilizaban os bordos dunhas placas óseas afiadas para cortaren as súas presas.
As concas oculares estaban protexidas por un annel óseo, unha característica compartida polas aves e algúns ictiosauros.
Artródiros primitivos, tales como os do xénero Arctolepis, eran peixes de estrutrura aplanada.
O maior membro do grupo, Dunkleosteus, foi un verdadeiro superdepredador do período devoniano, alcanzando entre 6 e 9 m de lonxitude. En contraste, o Rolfosteus, de longo nariz, medía só uns 15 cm.
Hai unha idea falsa común de que os artródiros (xunto con todos os outros placodermos) eran lentos habitantes dos fondos mariños que foron excluídos por peixes máis avanzados. Porén, durante o seu apoxeo, os artródiros foron unha das ordes de peixes máis diversos e numéricamente exitosos.
Pero a pesar do seu éxito, os artródiros foron un dos moitos grupos eliminados polas catástrofes ambientais da extinción do Devoniano superior, o que permitiu que outros peixes, como os tiburóns, se diversificaran nos nichos ecolóxicos vacantes durante o período carbonífero.
O seguinte cladograma está baseado en Dupret et al. (2009).[1] Para fontes, véxase Haaramo (2005).[2]
Ichthyosauria |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Artródiros |