A dos arxentiniformes (Argentiniformes) é, para algúns autores, unha orde de peixes teleósteos mariños icluída na superorde dos protacantopterixios.
Trátase dun primitivo grupo de peixes de mar aberto, repartidos en dúas subordes, a dos Alepocephaloidei (coas familias dos Alepocephalidae, Bathylaconidae e Platytroctidae) e a dos Argentinoidei (coas familias dos Argentinidae, Microstomatidae e Opisthoproctidae). Os membros deste grupo comparten un número de caracteres internos osteolóxicos e outros. Teñen unha aleta adiposa, a aleta dorsal está máis atrás que a parte media do lombo e as marxes da mandíbula superior están formadas polos ósos maxilar e premaxilar.[1]
Pero moitos autores modernos non están de acordo sobre a composición e as relacións filoxenéticas deste grupo, e así tanto o WoRMS, como o ITIS e como a FishBase, baseándose en estudos recentes, clasifácanos, engadindo as familias dos Galaxiidae e os Retropinnidae,[1] dentro da orde dos osmeriformes.[2][3]
De feito, as bases de datos máis empregadas polos ictiólogos, dividen a superorde dos paracantopterixios nas tres ordes seguintes:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arxentiniformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arxentiniformes |