As doce probas de Astérix | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Les Douze travaux d'Astérix |
Director | René Goscinny Albert Uderzo |
Produtor | Georges Dargaud René Goscinny Albert Uderzo |
Guión | Pierre Tchernia René Goscinny Albert Uderzo |
Música | Gérard Calvi |
Fotografía | Jacques Capo Michel Gantier Denis Gruel |
Montaxe | René Chaussy Minouche Gauzins Isabelle Garcia De Herreros Michèle Neny |
Estudio | Studios Idéfix Dargaud Films Les Productions René Goscinny |
Distribuidora | Gaumont International |
Estrea | 20 de outubro de 1976 20 de setembro de 1991 (TVG) |
Duración | 82 minutos |
Orixe | Francia Reino Unido |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Astérix e Cleopatra |
Filme seguinte | Astérix e a sorpresa do César |
Na rede | |
http://www.asterix.com/the-a-to-z-of-asterix/animated-films/twelve-tasks.html e https://asterix.com/asterix-au-cinema/les-dessins-animes/les-douze-travaux-dasterix/ | |
As doce probas de Astérix (en francés: Les Douze travaux d'Astérix) é un filme franco-belga de animación baseado na serie de banda deseñada de Astérix. René Goscinny e Albert Uderzo, os creadores da serie, escribiron a historia e dirixiron o filme eles mesmos e co guionista Pierre Tchernia, un amigo de Goscinny e Uderzo. O filme foi dirixido, producido e animado no estudio de animación de Goscinny e Uderzo, Studios Idéfix.
É o único filme de Astérix (animado ou de acción) que está baseado nun guión orixinal no canto das historias de banda deseñada. Posteriormente, foi adaptado nun tomo da colección e nunha serie de doce libros para nenos lectores.
Estreouse en galego na TVG o 20 de setembro de 1991[1], e de novo o 6 de abril de 2001.[2] Foi editado en DVD pola TVG coa dobraxe en galego.[3]
Como en todos os álbums de Astérix, na Galia, ocupada polos romanos, un pequeno poboado galo resiste de forma vitoriosa os insistentes ataques dos invasores grazas á poción máxica do druída Panorámix. Cando o enésimo ataque é doadamente rexeitado polos aldeáns, empeza a espallarse polas tropas romanas a idea de que, se cadra, eses galos non son seres humanos, senón deuses e, polo tanto, non poden ser vencidos.
Esa historia remata por chegar ao mesmo Xulio César que, escéptico, decide probar a divindade dos galos. Para iso, preséntase na aldea coa seguinte proposta: Do mesmo xeito que Hércules tivo que superar doce probas para ser aceptado no Olimpo, os galos deben superar outras 12 probas (Non as mesmas pois, en palabras do propio César "Esas xa están pasadas de moda"). De seren superadas, os galos serían considerados deuses e Roma pasaría a ser súa, mais no caso de fracasar tan so nunha, os galos sumeteríanse sen resistentencia ao Imperio.
O xefe da aldea, confiado pese ás protestas de Panorámix, acepta o reto e elixe a Astérix, por ser o máis listo, e Obélix, por ser o máis forte, para representar aos galos nestas probas. Os dous heroes, guiados polo supervisor romano Caius Pupus, terán que:
Unha vez máis, o destino da aldea queda nas súas mans nun todo ou nada.