A asa no deporte da esgrima é o conxunto de pezas que conforman a empuñadura de florete, espada e sabre.
A asa está composta do mango, da empuñadura, do pomo e da garda e é distinta para destros e para manichos.
O mango é a vara que continúa a liña da folla e que constitúe o punto de agarre principal. Na asa francesa, de feito, é o único elemento.
A empuñadura constitúena unha serie de enfeites e elementos de apoio que permiten un mellor manexo da arma. É na empuñadura onde os distintos tipos de asa teñen evoluído máis.
O pomo non existe na maioría dos modelos comúns de asa, e só nalgunhas asas de estilo francés: consiste nunha pequena bóla situada no cabo do mango que fai de contrapeso para que sexa máis sinxelo manter o equilibrio da arma.
A garda é a lámina, normalmente metálica, que serve para protexer a man que manexa a arma. A garda do sabre é en forma de U e difire a de destros da de manichos. A parte interior da garda está cuberta por un tecido acolchado, para protexer os dedos.
Existen distintos tipos de asa en espada e florete, conforme as distintas escolas de esgrima, mentres que en sabre todas as asas son iguais, agás porque a garda dependa da man que use o esgrimista.
As principais modalidades son:
Aínda que todas as asas son válidas, na actualidade, en competición oficial, xa só se usan as asas de pistola, máis complexas, pero que permiten un maior dominio das armas.