Asociación Deportiva Mérida

A. D. Mérida
NomeAsociación Deportiva Mérida, S.A.D.
Alcume(s)Romanos
Pecholatas
Fundación19 de febreiro de 2013 (11 anos) [1]Sucesor do Mérida UD e do CP Mérida, fundado en 1912.
EstadioRomano José Fouto
Inauguración24 de maio de 1953 (71 anos)
como Estadio Municipal de Mérida
Capacidade14 537 espectadores
PropietarioEspaña Francisco Puertas
PresidenteEspaña Francisco Puertas
AdestradorEspaña Miguel Rivera Mora
Ligaborde Segunda División B
2020-21
Na rede
http://www.admerida.es
Titular
Alternativo

A Asociación Deportiva Mérida é un equipo de fútbol de España da cidade de Mérida, capital de Estremadura. Na actualidade compite na Segunda División B de España.

O primeiro equipo importante de Mérida foi a Sportiva Emeritense que xurdiu o 28 de decembro de 1912, pasando por fusións e diversas denominacións históricas como Club Catalanes (1919-1921), Emérita Football Club (1921-1930), Club Deportivo Emérita (1930-1934), Emérita Football Club (1934-1936), Sociedade Deportiva Emeritense (1939-1966), Mérida Industrial Club de Fútbol (1966-1985), Club Polideportivo Mérida (1985-2000) e Mérida Unión Deportiva (2000-2013), ambos os desaparecidos.

A AD Mérida foi fundada en 2013 e adquiriu mediante poxa xudicial os dereitos do Mérida UD.[2] O 4 de agosto de 2016 constitúese como sociedade anónima deportiva.[3]

Artigo principal: Estadio Romano.
Vista do Estadio Romano desde tribuna.

Estadio Romano José Fouto, con capacidade para 14 698 espectadores sentados, dimensións de 106x70 e de céspede natural. O estadio inaugurouse o 23 de maio de 1953 e foi remodelado completamente en 1995, adoptando a súa actual configuración.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Xogadores do Mérida AD

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Posto País Xogador
Gardametas
1 POR España Javi Montoya Capitán
13 POR Petr Kudakovskiy
Defensas
2 DEF España Felipe Alfonso
3 DEF España Héctor Camps
4 DEF España Erik Ruiz Capitán
5 DEF España Mario Robles
12 DEF España Rubén Valverde
18 DEF España Nacho González
DEF España Emilio Cubo Mancado Capitán
Centrocampistas
6 MED España Marc Carbó
7 MED España Chirri Monje Capitán
10 MED España José Gaspar
11 MED España Miguel Garci
15 MED España Álvaro Barbosa
16 MED España Carlos Selfa
17 MED España Javi Zarzo
22 MED España David Rocha
MED España Edu Cortina Mancado
Dianteiros
8 DIA España Gyan Méndez
19 DIA España Jaume Tomar
20 DIA España Dani García
21 DIA España Marc Fraile

Corpo técnico

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Adestradores do Mérida AD
Cargo Técnico(s)
Adestradores
Preparadores físicos
  • España Germán González
Adestrador de porteiros
  • España David Balsa
Delegado
  • España Fernando Torres
Asistentes
  • España Felipe G. Tarriño
  • España Javi Corrales
Fisioterapeutas
  • España Víctor Martínez
  • España Álvaro González
Servizos médicos
  • España Nadia Moreno
Encargado do material
  • España Jesús Méndez

Canteira, fútbol feminino e fútbol sala

[editar | editar a fonte]

O club conta cun equipo filial masculino na Primeira División Estremeña, o A. D. Mérida Promesas - Nueva Ciudad. Ademais xestiona os seus propios equipos de canteira, desde escola de iniciación até xuvenís, e conta con varias escuadras xogando competicións rexionais en categorías inferiores. Todas as categorías inferiores agrúpanse na chamada "Academia Mérida".

O A. D. Mérida Feminino xoga en Primeira Nacional e no verán do 2020 creouse a sección de fútbol sala.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

*Cómputo global de tempadas entre o CP Mérida, Mérida UD e AD Mérida.

  • Campión de Terceira División (7): 1956/57, 1979/80, 1988/89, 1999/00, 2004/05, 2014/15 e 2018/19.
  • Subcampión de Terceira División (6): 1954/55, 1981/82, 1987/88, 1997/98, 2000/01 e 2013/14.

*Títulos totais entre o CP Mérida, Mérida UD e AD Mérida.

  1. El Periódico Extremadura (ed.). "Mérida AD sustituye Mérida UD" (en español). Consultado o 6 de xullo de 2013. 
  2. Diario HOY (ed.). "Mérida AD sustituye Mérida UD" (en español). Consultado o 6 de xullo de 2013. 
  3. InfoCIF (ed.). "Información SAD" (en español). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  4. Diario Hoy (ed.). "Paco Puertas tira de luz y taquígrafo" (en español). Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  5. Twitter @Merida_AD (ed.). "Información Abonados" (en español). Consultado o 9 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]