Asperxilose

Asperxilose
Clasificación e recursos externos
Imaxe histopatolóxica de asperxilose pulmonar invasiva en paciente con pneumonía intersticial. Material de necropsia. Tinción prata metenamina Grocott.
MedlinePlus001326
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Coñécese como asperxilose[1] todas aquelas doenzas producidas polos fungos do xénero Aspergillus. Aínda que o máis frecuente é Aspergillus fumigatus, existen outros potenciais patóxenos, como Aspergillus flavus, Aspergillus niger, Aspergillus nidulans ou Aspergillus terreus.

Os Aspergillus son fungos saprofitos e ubicuos, de distribución universal. Infeccións por Aspergillus son moi infrecuentes agás en persoas suxeitas a inmunosupresión. A transmisión ocorre por inhalación das esporas, aínda que se describiron casos de infección por autoinoculación. Patoxenicamente, invaden os vasos sanguíneos, producindo trombose e consecuente isquemia, necrose, edema e hemorraxias.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Entre os fármacos antifúnxicos máis empregados atópanse o voriconazol, o itraconazol, a anfotericina B e a caspofungina..Nos casos de asperxilose invasiva, combínanse o voriconazol e a anfotericina B, até a resolución da doenza. Na asperxilose broncopulmonar alérxica, o tratamento de elección combina corticoide con itraconazol.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para asperxilose.
  2. Herbrecht R, Denning D, Patterson T, Bennett J, Greene R, Oestmann J, Kern W, Marr K, Ribaud P, Lortholary O, Sylvester R, Rubin R, Wingard J, Stark P, Durand C, Caillot D, Thiel E, Chandrasekar P, Hodges M, Schlamm H, Troke P, de Pauw B; Grupo de infecciones fúngicas invasivas; European Organisation for Research and Treatment of Cancer and the Global Aspergillus Study Group. "Voriconazole vs. anfotericina B for primary therapy of invasive aspergillosis.". N Engl J Med 347 (6). PMID 12167683.