Biografía | |
---|---|
Familia | |
Parella | Poseidón |
Fillos | Anceu, Eurypylus, Periclímeno |
Pais | Fénix e Perimede |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Na mitoloxía grega, Astipalea foi a filla de Fénix, fillo de Axenor, e de Perimede, filla de Eneo.
Foi seducida por Poseidón, de quen enxendrou dous fillos: Anceo e Eurípilo, rei de Cos. Nos textos de Hixino, este segundo toma o nome de Periclímeno.
Eurípilo foi morto por Heracles cando o heroe, unha vez cumpridos os doce traballos, regresaba de conquistar Troia.
"Heracles chegou navegando ata as proximidades de Cos... Logrando forzar a entrada, apoderouse pola noite da cidade e deu morte ó rei Eurípilo, fillo de Astipalea e Posidón".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 7, 1)
Anceo foi un dos Argonautas e encargouse do goberno da nave Argo ata a Cólquide, trala morte do temoneiro Tifis.