Atelopus ignescens | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Atelopus ignescens' (Cornalia, 1849) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O Atelopus ignescens é unha especie de ra da familia Bufonidae. É endémica da zona norte dos Andes de Ecuador.[1] Considerouse extinta pois non se observaban exemplares dende 1988,[2] até que foi descuberta de novo no 2016.[3]
En maio de 2016, científicos do Centro Jambatu da Fundación Otonga e IKIAM anunciaron o redescubrimento da especie.[3] Foi observado primeiro por un sacerdote salesiano e unha familia labrega. Posteriormente, os expertos Luis Coloma, Giovanni Onore e Elicio Tapia certificaron o achado.[3]
O proceso de extinción desta especie relaciónase a múltiples factores, sendo algúns deles o cambio do clima, a aparición da enfermidade quitridiomicose, a perda de hábitat e a introdución de depredadores foráneos.[2][3]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Atelopus ignescens |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atelopus ignescens |