Atenea Partenos (en grego antigo Ἀθηνᾶ Παρθένος, literalmente Athena a Virxe) é o nome dunha enorme escultura criselefantina da deusa grega Atenea, obra de Fidias. Recibía o seu nome dun epíteto da propia deusa, e estaba aloxada no Partenón, na Acrópole de Atenas. Realizáronse diversas réplicas e obras inspiradas nela, tanto antigas como modernas.
Foi a imaxe de culto de máis soa na cidade de Atenas,[1] considerada un dos maiores logros do escultor máis aclamado da antiga Grecia. Fidias comezou a súa obra ao redor do ano 447 a.C,[2]Lacares retirou as láminas de ouro no 296 a.C. para pagar ás súas tropas, e o bronce foi probablemente dourado máis adiante. Resultou danada por un lume cara ao 165 a.C., mais foi amañada.[3] Continuaba estando no Partenón no século V, cando puido terse perdido noutro lume. Un relato menciónaa, porén, en Constantinopla no século X.[4]
A obra tivo un grande impacto entre os seus contemporáneos, ata o punto de que deu orixe a unha tradición de estatuas criselefantinas, na cal atópase comprometido de novo a Fidias, coa estatua de Zeus en Olimpia, e a outros escultores, nos santuarios dos séculos V e século IV a.C.
O historiador antigo Pausanias dá unha descrición da estatua:
...A estatua en si está feita de marfil e ouro. No centro do seu casco hai unha figura semellante á Esfinxe... e a cada lado do helmo hai grifóns en relevo. ... A estatua de Atenea atópase de pé, cunha túnica ata os pés, e sobre o seu peito a cabeza de Medusa está tallada en marfil. Sostén unha Vitoria de aproximadamente catro cóbados e na outra man unha lanza; aos seus pés xace un escudo e preto da lanza hai unha serpe. Esta serpe podería ser Erictonio. Sobre o pedestal está o nacemento de Pandora en relevo.[5]
O tipo xeral da Atenea Partenos, aínda que non o seu carácter e calidade, pode aquilatarse a partir da súa imaxe en moedas[6] e as súas reproducións en miniaturas esculpidas, como obxectos votivos, e nas representacións sobre xemas gravadas.[7]
A testa de Atenea aparece lixeiramente inclinada cara a adiante. Está de pé coa súa man esquerda pousada sobre un escudo vertical. O seu xeonllo esquerdo está lixeiramente dobrado, o seu peso desprazado levemente cara á súa perna dereita. O seu quitón está axustado na cintura por un par de serpes, cuxas colas entrelázanse nas costas. Os guechos do pelo caen sobre o peto da deusa. A Niké da súa man dereita estendida é alada: discutiuse moito sobre se había un soporte baixo o orixinal de Fidias,[8] sendo contraditorias as versións conservadas. A posición exacta dunha lanza, a miúdo omitida, non se determinou completamente, se estaba no brazo dereito de Atenea ou sostida por unha das serpes da éxida, tal e como N. Leipen a restaurou,[9] seguindo a xema Aspasios.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atenea Partenos |