O atentado non ten un concepto moi sinxelo de dar: defínese como unha agresión ou desacato grave a autoridade, que tamén se considera coma unha ofensa a un principio de orde que se considera recto/a. Tamén é observado este concepto a través do dereito penal e do código civil coma unha agresión contra a vida ou a integridade física, psíquica e moral dunha persoa. Na actualidade téndese a espallar o termo ao delito que leva consigo a violencia e resistencia grave na contra das autoridades, axentes en servizo de funcións públicas (gardas, policías etc...), sen chegar a rebelión ou a sedición.
Cando o atentado é realizado por persoas que portan sobre si algún tipo de obxecto capaz de ferir ou matar (independentemente do portador) a outras persoas soese considerar coma atentado suicida, este tipo de atentados acostuman carrexar ideoloxías de índole relixiosa, sectaria ou étnica. Pola contra adoita denominarse atentado terrorista a aquela agresión violenta contra a vida das persoas coa finalidade de crear un clima de inestabilidade política ou de terror.
O dereitos e as súas lexislacións recollen nos seus artigos unha serie de figuras delituosas tendentes a protección do principio da autoridade, fóra da nota está o común do ben xurídico protexido, falta a concordancia necesaria para dar unanimidade conceptual a esta variedade lexislativa. Nalgún país (ocorre en Inglaterra) o atentado non chega a ter consideración delituosa autónoma considerándose un delito común agravado "aggravated assault". É característica a evolución deste delito dende a antiga concepción, que consideraba a súa existencia en calquera ataque as autoridades; por estimar que estas persoas encarnaban de seu os atributos de mando de maneira permanente e inseparable, ata a posición moderna (que aparta a persoa da función) polo que só cando a ofensa vaia a esta derradeira pode considerarse coma atentado. Por esta razón, o delito é netamente intencional: precisa de intención ou ánimo de menospreza-la función pública.
Cando a violencia ou resistencia grave produzan resultados de lesións na persoa, aplicarase un concurso de delitos (por ser varios nos que aparecen): un, o constituído polo dano sufrido pola persoa como tal e o outro, o que se supón a ofensa a función autoritaria.
O termo atentado ten no Dereito penal unha significación distinta a do linguaxe usual. Para o Dereito penal é o "nomen iuris" dunha específica figura delituosa: a integrada pola conduta de quen empregan violencia o resistencia graves contra as persoas que exercen unha función pública, cando estean no exercicio da mesma ou con ocasión dela. Aparece tipificada con distintos nomes no Código Penal europeo. A súa finalidade é a de dispensar unha protección especial a quen desempeñan funcións públicas, tanto en atención a mesma función como a persoa que a exerce. Nalgúns casos, esta tutela especial esténdese as persoas da familia da autoridade ou funcionario protexido. Non é un privilexio persoal, pois para a constitución do delito non basta coa condición especial, senón que precisase ademais que o ataque se realice no exercicio da función ou con ocasión da mesma, o que implica que o suxeito activo teña coñecemento dela.
O Código Penal español trata a materia (nos capítulos VI, III, II do libro H) de acordo coa doutrina dominante, a prolixa enumeración de tipos que o lexislador fai pode ser reducida as seguintes figuras:
A Lei orgánica 21/1986 do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade (no seu artigo 7, 2º parágrafo) converte os atentados contra axentes da autoridade (policías) do artigo 236 do Código Penal en atentados contra a autoridade do artigo 232 cando se empreguen na súa execución "armas de fogo, explosivos e outros medios de agresión de análoga perigosidade".
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |