Atlas C / XSM-65C | |
---|---|
Función | ICBM de probas. |
país de orixe | Estados Unidos[1] |
Tamaño | |
altura | 25,15 m[1] |
diámetro | 3,05[1] |
masa | 110.740 kg[1] |
Etapas | 1[1] |
foguetes derivados | |
Familia | Atlas[1] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1] |
Sitios | Cabo Cañaveral[1][2] |
Total de lanzamentos | 6[1][2] |
fallos | 3[1][2] |
Voo inaugural | 24 de decembro de 1958[1][2] |
Último voo | 24 de agosto de 1959[1][2] |
Acelerarores – Atlas MA-2[1] | |
diámetro | 4,90 m[1] |
masa cheo | 3050 kg[1] |
impulsado por | 1 XLR-89-5[1] |
potencia máxima | 1517,422 kN (no baleiro)[1] |
Impulso específico | 248 s (a nivel do mar), 282 s (no baleiro)[1] |
propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
Primeira etapa – Atlas C[1][2] | |
altura | 21,9 m[1] |
diámetro | 3,05 m[1] |
masa baleiro | 3.980 kg[1] |
masa cheo | 107.610 kg[1] |
impulsado por | 1 XLR-105-5[1] |
potencia máxima | 363,218 kN (no baleiro)[1] |
Impulso específico | 309 s (a nivel do mar), 215 s (no baleiro)[1] |
propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atlas C, tamén coñecido co código XSM-65C, foi un mísil balístico intercontinental de proba pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais. Foi a última iteración experimental antes da entrada en produción.[1][2]
O Atlas C foi un modelo de probas, sucesor dos Atlas A e Atlas B, que non levaba oxiva funcional. Voou seis veces, con tres fallos, e deu lugar ao primeiro ICBM (mísil balístico intercontinental) despregado nos Estados Unidos. Co tempo o foguete evolucionaría para dar lugar a unha familia de lanzadores espaciais. Foi adicado a verificar os tanques de propelente de grosor mínimo e os sistemas de comunicación e usaba un motor exectable e un motor de sustentación no que se deu en chamar un foguete "de etapa e media". Podía levar unha carga de 70 kg a unha altura de 185 km.[1][2]
O Atlas C Able consistía nun Atlas C cun foguete Able como segunda etapa e un Altair como terceira. Só intentou lanzarse unha vez, explotando na rampla de lanzamento durante unha proba de acendido estático o 24 de setembro de 1959.[3][4]
Voo[1][2] | Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|---|
1 | 24 de decembro de 1958 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Éxito | Primeiro voo. |
2 | 27 de xaneiro de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Fallo | |
3 | 20 de febreiro de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Fallo | |
4 | 19 de marzo de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Fallo | |
5 | 21 de xullo de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Éxito | |
6 | 24 de agosto de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Éxito | Último voo. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atlas C |