Napuka (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Napuka | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 271 (2007) (15,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Napuka é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Forma parte, xunto con Tepoto Norte, das illas da Decepción. Administrativamente é a capital dunha comuna que inclúe os dous atois. Está situado ao nordés do arquipélago, a 926 km de Tahití.
É un atol de forma ovalada, de 9 km de longo e 3 km de ancho. A lagoa ocupa unha área de 18 km² e as terras emerxidas, 8 km². Non existe un paso practicable entre a lagoa e o océano. O anel coralino está formada por dúas illas e 32 illotes. Na illa do leste hai un aeroporto, e na illa do norte a vila principal: Tepukamaruia. A poboación era de 253 habitantes no censo de 2002, co principal recurso económico da produción de copra.
Napuka foi colonizado desde os atois veciños das Tuamotu. Atopáronse restos arqueolóxicos dunha decena de maraes, con cunchas de tartarugas no subsolo. O atol é un dos lugares utilizados polas tartarugas mariñas para aniñar. O primeiro europeo en chegar foi o inglés John Byron en 1765. Tamén se coñeceu como Whytoohee e Tepukamaruia.