Na física matemática contemporánea, un atractor pode ser definido como o conxunto de comportamentos característicos para os que evoluciona un sistema dinámico independentemente do punto de partida.
Un exemplo clásico dun atractor é unha bola rolando sobre un plano. Debido ao efecto do atrito o movemento da bola tenderá a converxer sempre para unha situación cuxa velocidade é nula. Este é o atractor, o movemento cero.
Outro exemplo de atractor é un péndulo en movemento. O seu balanceo, sempre tenderá a converxer a unha oscilación de período constante; entón, o atractor é ese período constante.
Un sistema dinámico pode evolucionar para:
Os sistemas máis complexos posúen os tres tipos de atractores; unhas condicións iniciais diferentes non só levan a comportamentos diferentes senón tamén a tipos de comportamento diferentes.
Un atractor é estraño se ten dimensión de Hausdorff non enteira (ou "fractal") ou se a dinámica no atractor é caótica.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Atractor de Lorenz e outros |