Aulostomidae Rango fósil: Eoceno-Recente | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aulostomus maculatus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
ver en el texto | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Aulostomus é o único xénero de peixes mariños da familia Aulostomidae, incluídos na orde Syngnathiformes. Distribúense por augas tropicais do Atlántico, Índico e Pacífico.[2]
O seu nome procede do grego: aulos (frauta) + stoma (boca),[3] pola forma tan alongada da súa boca. Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno inferior, durante o Paleóxeno (era Cenozoica).[4]
Teñen un corpo comprimido e moi alongado, cunha lonxitude máxima rexistrada de 100 cm,[5] pel con escamas; a mandíbula inferior con barbas carnosas na punta; ben desenvolvida a liña lateral; a musculatura do corpo está soportada por postes óseos que parecen entrelazados, cunhas 60 vértebras.[2]
Teñen unha serie de 8 a 12 espiñas dorsais illadas precedendo a aleta dorsal contendo de 23 a 28 raios brandos; aleta anal con 25 a 28 raios brandos; as aletas pélvicas están situadas lonxe do ano; a aleta caudal é redondeada.[2]
Normalmente atópase sobre arrecifes xunto a grandes peixes herbívoros ou en orientación vertical coa cabeza boca-abaixo, axexando así camuflados entre algas para capturar pequenos peixes e crustáceos.[2]
Existen só 3 especies nesta familia e xénero:[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aulostomidae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aulostomidae |