Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1905 ![]() Kentville, Canadá ![]() |
Morte | 6 de novembro de 1982 ![]() Avon Park, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Oak Hill Cemetery (en) ![]() ![]() |
Educación | Acadia University, Universidade Cornell |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, ornitólogo |
Familia | |
Cónxuxe | Rheua Vaughn Medden ![]() |
Fillos | Austin Stanley Rand, William M. Rand ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Austin Loomer Rand, nado en Kentville (Nova Escocia) o 16 de decembro de 1905 e finado o 6 de novembro de 1982, foi un zoólogo canadense, especializado en ornitoloxía.
Creceu cerca de Wolfville, onde foi asesorado polo notábel ornitólogo local Robie W. Tufts. Licenciose na Acadia University, en Wolfville, institución que tamén lle outorgou o título honorario de DSc en 1961.[1]
En 1929, sendo aínda un estudante da Universidade Cornell, viaxou nunha expedición a Madagascar como recolledor de espécimes de aves. Rand publicou os resultados na defensa da súa tese de doutoramento para obter o título de Ph.D. Nesa expedición coñeceu[a Richard Archbold, zoólogo e filántropo, co que emprendeu unha amizade para tgoda a vida. Archbold posteriormente financiou e liderou unha serie de expedicións biolóxicas a Nova Guinea na década de 1930, nas que Rand participou e codirixiu. En 1941 colaborou con Archbold no establecemento da "Estación Biolóxica Archbold", en Lake Placid, Florida lugar onde se retirou.[2]
En 1942 Rand foi zoólogo asistente no Museo Nacional de Ciencias Naturais do Canadá, desde 2010 rebautizado como Museo Canadense da Natureza, onde traballou co ornitólogo Percy A. Taverner e co mastozoólogo Rudolph Martin Anderson. De 1947 a 1955 foi conservador de aves no Museo Field de Historia Natural de Chicago, onde foi conservador xefe de zooloxía desde 1955 até 1970.
Foi un frecuente contribuínte de The Auk, a revista ornitolóxica da American Ornithologists' Union, organización da que foi presidente entre 1962 e 1964.
Austin L. Rand foi o padre do destacado herpetólogo tropical Austin Stanley Rand, da Smithsonian Institution.
En 1996 foi conmemorado co seu epónimo un dos edificios de investigación da Estación Biolóxica Archbold.
Ademais de numerosos artigos científicos, os principaies informes e libros escritos en solitario ou en colaboración están:
A abreviatura Rand emprégase para recoñecer a Austin Loomer Rand como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.