Austin Spurs

Austin Spurs
Información xeral
Fundación 2001
Historia Columbus Riverdragons
2001-2005
Austin Toros
2005-2014
Austin Spurs
2014-presente
Cores Negro, Prata, Branco
(dende 2007-2008)
              
Azul, Granate, Ouro, Branco
(2005–06 a 2006-07)
                   
Laranxa, Azul mariño, Prata, Branca
(Columbus Riverdragons, 2001–02 a 2004–05)
                   
Localización
Cidade Cedar Park
Texas
Pavillón Cedar Park Center
Persoal
Adestrador Ken McDonald
Títulos
Campión 1 (2011–12)
División 3 (2004–05, 2007–08, 2011–12)

Os Austin Spurs son un equipo da NBA Development League con base en Cedar Park, Texas. Xogan os seus partidos coma locais no Cedar Park Center.

Os Columbus Riverdragons trasladáronse a Austin, Texas a mediados do ano 2005, e o novo nome do equipo foi revelado o 10 de agosto de 2005. Os Toros comezaron a xogar na tempada 2005-06. As súas cores eran, orixinalmente, o vermello, o azul e o dourado.

O 28 de xuño de 2007, os Toros foron adquiridos polos San Antonio Spurs, catro veces campións da NBA, converténdose no segundo equipo da historia da D-League en ser propiedade dun equipo da NBA, despois de que os Los Angeles D-Fenders foran adquiridos polos Los Angeles Lakers en 2006.[1]

O 9 de agosto de 2010, os Toros anunciaron que para o comezo da tempada 2010-11, comezarían a xogar no Cedar Park Center, deixando atrás o Austin Convention Center.

O 28 de abril de 2012, os Toros derrotaron ós Los Angeles D-Fenders no terceiro partido das Finais da NBA D-League para conseguir o primeiro campionato da historia da franquía.[2]

O 15 de outubro de 2014, o equipo anunciou o cambio do seu nome a Austin Spurs, en referencia ó seu equipo pai, os San Antonio Spurs.

Tempada División Posición Vitorias Derrotas % Resultados de playoffs
Columbus Riverdragons
2001–02 31 25 .554 Perdidas semifinais (Greenville) 2–1
2002–03 23 27 .460
2003–04 18 28 .391
2004–05 30 18 .625 Gañadas semifinais (Roanoke) 96–89
Perdidas Finais da D-League (Asheville) 90–67
Austin Toros
2005–06 24 24 .500
2006–07 Leste 21 29 .420
Austin Toros
2007–08 Suroeste 30 20 .600 Gañadas semifinais (Sioux Falls) 99–93
Perdidas Finais da D-League (Idaho) 2–1
2008–09 Suroeste 32 18 .640 Gañada primeira rolda (Idaho) 119–116 (OT)
Perdidas semifinais (Colorado) 114–111
2009–10 Oeste 32 18 .640 Gañada primeira rolda (Dakota) 2–1
Perdidas semifinais (Rio Grande Valley) 2–1
2010–11 Oeste 22 28 .440
2011–12 Oeste 33 17 .660 Gañada primeira rolda (Erie) 2–1
Gañadas semifinais (Canton) 2–1
Gañadas Finais da NBA D-League (Los Angeles) 2–1
2012–13 Central 35 15 .700 Gañada primeira rolda (Bakersfield) 2–0
Perdidas semifinais (Santa Cruz) 2–0
2013–14 Central 19 31 .380
Tempada regular 350 298 .540
Playoffs 16 14 .533

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Equipo actual

[editar | editar a fonte]
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 11 Gantt, Greg 1.88 m (6 ft 2 in) 93 kg (205 lb) Florida Atlantic
B/E 17 Simmons, Jonathan 1.98 m (6 ft 6 in) 88 kg (195 lb) Houston
AP/P 44 Strong, Ben 2.11 m (6 ft 11 in) 100 kg (220 lb) Guilford
E/A 14 Woodbury, Terrance 2.01 m (6 ft 7 in) 101 kg (223 lb) Georgia
AP/P 21 Zeller, Luke 2.11 m (6 ft 11 in) 111 kg (245 lb) Notre Dame
Adestrador
Asistente(s)
  • Anthony Carter
  • Mike Miller
Adestrador(es) atlético(s)
  • Keith Abrams

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido

(NBA) Asignado a equipo NBA

  • Mancado Mancado

CadroTransaccións
Actualizado: 10-04-2014


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]