Unha autovía é unha vía de dominio e uso público proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles.
Son autovías, en España, as estradas, que non reunindo todos os requisitos das autoestradas, teñen as seguintes características:
A diferenza fundamental entre autovía e autoestrada é que esta última está especialmente proxectada, construída e sinalizada para a exclusiva circulación de automóbiles. Para ese efecto, un automóbil é un vehículo motor que circula sen carrís e sen conexión a unha fonte exterior de enerxía, excluíndose de tal cualificación os ciclomotores, coches de discapacitados e os tractores e demais maquinaria agrícola que, polo tanto, teñen prohibido circular polas autoestradas.