Aztreonam | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O aztreonam é un antibiótico pertencente á familia dos monobactams. É activo fronte a bacterias gram negativas aerobias. Dispón dunha formulación intravenosa e unha formulación inhalada (aztreonam-lisina). Foi comercializado baixo o nome de Azactam
Aztreonam é unicamente activo fronte a bacterias gram negativas aerobias, incluíndo enterobacterias, Pseudomonas aeruginosa, Yersinia, Pasteurella multocida, Capnocytophaga, Plesiomononas, Aeromonas, Haemophilus influenzae e Neisseria. Os Microorganismos anaerobios e gram positivos adoitan ser resistentes.
As beta-lactamases de expectro estendido (BLEE), as carbapenemasas A, C e D adoitan inactivar o aztreonam. A hiperproducción de ampicilinase C tamén reduce ou anula a actividade deste antibiótico. En cambio, aztreonam é resistente á Hidrólise por metalobetalactamase.
A dose convencional por vía intramuscular ou intravenosa é de 1 ou 2 gramos cada 6 u 8 horas. A dose debe ser reducida na presenza de insuficiencia renal.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |