Azur | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | NASA/BMWF |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 8 de novembro de 1969[1][2][3] |
Foguete portador | Scout B[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos cintos de radiación terrestres.[2][4][5] |
NSSDC ID | 1969-097A |
Masa | 70,7 kg[2][4][6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7324,7 km[1] |
Inclinación | 102,7 graos[1] |
Apoapse | 1537,0 km[1] |
Periapse | 370,3 km[1] |
Azur é o nome dun satélite artificial alemán lanzado en colaboración coa NASA o 8 de novembro de 1969 mediante un foguete Scout B desde a base Vandenberg das Forza Aérea.
A misión de Azur consistiu en obter datos sobre os cintos de radiación da Terra. Para iso adicouse a obter o espectro de enerxía dos protóns e electróns da zona interior dos cintos, a medir os fluxos de electróns con enerxía maior de 40 keV e direccións paralelas, antiparalelas e perpendiculares ás liñas de campo magnético sobre zonas aurorais e a medir protóns solares.[2]
24 horas despois do lanzamento o sistema de mando do satélite empezou a experimentar problemas intermitentes que duraron toda a misión. A gravadora de cinta fallou o 8 de decembro de 1969. Antes do fallo, o equipo do proxecto estimou que se recollera entre o 85% e o 90% dos datos esperados ó inicio da misión. A telemetría do satélite fallou totalmente a principios de xullo de 1970, dando fin á misión.[2]
Azur levaba sete instrumentos a bordo:[4]