Aśoka | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | अशोका |
Director | Santosh Sivan |
Produtor | Gauri Khan Juhi Chawla |
Guión | Santosh Sivan Saket Chaudhary |
Intérpretes | Shah Rukh Khan Ajith Kumar Kareena Kapoor Hrishita Bhatt Danny Denzongpa |
Música | Anu Malik (cancións) Sandeep Chowta (banda sonora) |
Fotografía | Santosh Sivan |
Montaxe | A. Sreekar Prasad |
Distribuidora | Dreamz Unlimited |
Estrea | 26 de outubro de 2001 |
Duración | 176 minutos (versión estendida) 171 minutos (India) 145 minutos (internacional) |
Orixe | India |
Xénero | Épico |
Orzamento | 125 millóns ₹[1] |
Na rede | |
Aśoka (en hindi: अशोका) é un filme épico indio de 2001 dirixido e coescrito por Santosh Sivan. É unha versión dramatizada da vida temperá do emperador Aśoka, da dinastía Maurya, quen gobernou a maioría do subcontinente indio no século -III. Está protagonizado por Kareena Kapoor, Shah Rukh Khan, Hrishita Bhatt, Ajith Kumar (no seu único filme hindi) e Danny Denzongpa. Foi producido por Khan, Juhi Chawla e Radhika Sangoi. O guión foi escrito por Santosh Sivan e Saket Chaudhary, e o diálogo por Abbas Tyrewala. O filme foi estreado co título Ashoka The Great na India.
O filme foi amplamente distribuído no Reino Unido e en América do Norte, e foi escollido para a proxección no Festival Internacional de Cinema de Venicia e no Festival Internacional de Cinema de Toronto, onde conseguiu valoracións positivas.[2]