BMC Switzerland AG | |
---|---|
![]() Style, Passion, Precision | |
![]() | |
Tipo | Aktiengesellschaft |
Fundación | 1986 |
Localización | Grenchen (Suíza) |
Persoas clave | Bob Bigelow (fundador) |
Industria | Bicicletas |
Produtos | Biciletas e compoñentes |
Na rede | |
http://www.bmc-switzerland.com/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
BMC Switzerland AG (abreviatura de Bicycle Manufacturing Company) é unha empresa suíza fabricante de bicicletas e produtos de ciclismo con base na cidade de Grenchen, Suíza. BMC fundouse en 1986 e distribúe artigos de ciclismo por lugares de case todo o mundo.
No ano 1986, o norteamericano Bob Bigelow fundou BMC como unha distribuidora de bicicletas Raleigh. Despois, de perder a licenza de distribuidora de Raleigh, o fundador, Bob Bigelow comezou a fabricar bicicletas baixo o nome de BMC, pero continuaba sendo unha marca descoñecida. En 2001, cambiando a súa estratexia, investiuse unha grande fortuna en enxeñaría e deseño.
No 2002, BMC desenvolveu a súa liña de bicicletas timemachine para o defunto Phonak Cycling Team. Dende aquela, varios equipos e ciclistas empregaron bicicletas BMC en Grandes Voltas ou clásicas. Un deses equipos, é o de fábrica, o BMC Racing Team, que milita no UCI WorldTour.