Babbar Peku | |
---|---|
Babbar Patera, situado na esquina superior esquerda desta captura de pantalla do programa NASA World Wind. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Patera |
Accidente xeolóxico de | Ío |
Diámetro | 85,74 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 39,79° S 271,98° O[1] |
Procedencia do nome | Deus sumerio do Sol.[1] |
Babbar Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 86 kms de diámetro e está situado a 39,79° S 271,98° O. O seu nome provén do deus sumerio do Sol, e foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[1][2] Algunhas escarpas preto de Babbar Patera poderían ser fallas.[3] Moi preto, ó sur de Babbar Patera está a chaira Lyrcea Planum, e xa moito máis ó sur está Svarog Patera. Ó leste está o Exipto Mons.[4]