Logo do Bachfest Leipzig.
O Bachfest Leipzig (en galego Festival Bach de Leipzig ) é un festival de música que se celebra anualmente na cidade de Leipzig (Saxonia , Alemaña ), onde J. S. Bach traballou como Thomaskantor dende 1723 ata a súa morte en 1750 .[ 1] [ 2]
A cidade acolleu por primeira vez o festival en 1904 , organizado pola Neue Bachgesellschaft , e despois formalmente dende 1908 . Frecuentemente faise referencia ao festival como Bachwochen (Semanas de Bach) ou Bachtage (Días de Bach). Dende 1999 , o festival é organizado polo Bach-Archiv en representación da cidade de Leipzig, que para cada edición propón un tema diferente.[ 1]
Cada ano hai aproximadamente 100 eventos individuais durante o Bachfest, que comeza co concerto de inauguración dirixido por quen ostente o cargo de Thomaskantor nese momento (actualmente Georg Christoph Biller ). O concerto final tradicionalmente é unha interpretación da Misa en si menor de Bach na Thomaskirche (Igrexa de Santo Tomás) de Leipzig.[ 2]
2004: «Bach und die Romantik» (Bach e a era romántica )
2005: «Bach und die Zukunft» (Bach e o futuro)
2006: «Von Bach zu Mozart» (De Bach a Mozart )
2007: «Von Monteverdi zu Bach» (De Monteverdi a Bach)
2008: «Bach und seine Söhne» (Bach e os seus fillos)
2009: «Bach – Mendelssohn – Reger »
2010: «Bach – Schumann – Brahms »
2011: «...nach italienischem Gusto» (... ao gusto italiano).[ 3]
2012: «...eine neues Lied – 800 Jahre Thomana» (unha nova canción - 800 anos do Thomanerchor ).[ 4]
2013: «Vita Christi» (Vida de Cristo).[ 5] [ 6]
2014: «Die wahre Art» (A verdadeira arte).[ 7]
2015: «So herrlich stehst du, liebe Stadt!» (Tan marabillosa estás, querida cidade!)[ 8]
Ofrenda floral a Bach na inauguración do Festival de 1950.
O
Kongreßhalle de Leipzig durante o Festival en 1950.
A Thomaskirche de Leipzig, 28 de xullo de 1950.
O
Neues Rathaus de Leipzig durante o Festival en 1950.
Concerto no Bachfest de 1953.
↑ 1,0 1,1 bachfestleipzig.de (ed.). "Geschichte des Bachfestes" (en alemán ) . Consultado o 12 de xuño de 2015 .
↑ 2,0 2,1 bach-cantatas.com (ed.). "Bach Festivals & Cantata Series Bachfest Leipzig" (en inglés ) . Consultado o 12 de xuño de 2015 .
↑ Fulker, Rick (17 de xuño de 2011). DW , ed. "«"…according to Italian taste": Leipzig's Bachfest 2011»" (en inglés ) . Consultado o 12 de xuño de 2015 .
↑ Fulker, Rick (22 de marzo de 2012). DW, ed. "«Celebrating 800 years: St. Thomas Boys Choir»" (en inglés ) . Consultado o 12 de xuño de 2015 .
↑ DW, ed. (07 de xullo de 2013). "«Cuestión de fe: Vita Christi. Bach, el quinto Evangelista»" (en castelán ) . Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2015 .
↑ Corneilson, Paul (29 de xuño de 2013). British Society for Eighteenth-Century Studies, ed. "«"Vita Christi": The Leipzig Bachfest»" (en inglés ) . Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2015 .
↑ Bach Society Houston (ed.). "«2014 Bach Festival, Leipzig»" (en inglés ) . Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2015 .
↑ bachfestleipzig.de (ed.). "»So herrlich stehst du, liebe Stadt!«" (en alemán ) . Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2015 .