Bacillus amyloliquefaciens | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Bacillus amyloliquefaciens' Priest et al., 1987 |
Bacillus amyloliquefaciens é unha especie de bacterias do xénero Bacillus que é a fonte do encima de restrición BamH1. Tamén sintetiza unha proteína antibiótica chamada barnase, unha ribonuclease moi estudada que forma un complexo co seu inhibidor intracelular barstar, e a plantazolicina, que é un antibiótico con actividade selectiva contra Bacillus anthracis.[1]
B. amyloliquefaciens foi descuberto no solo en 1943 polo científico xaponés J. Fukumoto,[2] que lle deu á bacteria o seu nome, que significa que produce a licuefacción do amidón (amylo + lique + faciens).
A alfa amilase de B. amyloliquefaciens úsase a miúdo na hidrólise do amidón. É tamén unha fonte de subtilisina, que cataliza a degradación de proteínas dun modo similar ao da tripsina.
Entre as décadas de 1940 e 1980, os bacteriólogos debateron sobre se B. amyloliquefaciens era realmente unha especie separada ou unha subespecie de Bacillus subtilis. O asunto quedou solucionado en 1987, cando se estableceu que era unha especie separada.[3]
Na Colección de cultivos tipo americana (ATCC), o número do B. amyloliquefaciens é 23350.