Bacteroidaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bacteroides spp. cultivadas anaerobicamente en ágar sangue. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Bacteroides |
As Bacteroidáceas (Bacteroidaceae) son unha familia de bacterias do filo Bacteroidetes[1]. Unha característica especial é a produción de esfingolípidos de membrana, algo pouco usual nas bacterias. O xénero tipo Bacteroides é o grupo de bacterias máis abondoso na flora do intestino humano.
Son bacilos gramnegativos non formadores de esporas anaerobios. A maioría das especies non son móbiles; son excepcións, por exemplo Bacteroides xylanolyticus e especies de Acetomicrobium. Unha característica especial destas bacterias é a produción de varios tipos de esfingolípidos específicos de membrana, que son típicos dos organismos pluricelulares, pero que só os producen unhas poucas bacterias, como algunhas Proteobacterias e Bacteroidetes.
A vía metabólica que utilizan característicamente é a fermentación de varios azucres e proteínas. Os produtos finais son, entre outros, o acetato e o hidróxeno (H2). Á formación de acetatro débese o nome dalgúns xéneros. Produtos do xénero bacteroides son o ácido succínico e o acetato. O xénero Anaerorhabdus produce acetato e lactato.
O xénero Bacteroides é o grupo de bacterias dominante no tracto dixestivo humano, con ata 1011 células por gramo de feces.[2] Tamén aparece no tracto xenital feminino. Outros representantes, como Acetomicrobium aparecen nos lodos de depuradoras.[3]
Os seguintes xéneros pertencen a esta familia:[4]