Badr B | |
---|---|
Tipo | Experimental / observación terrestre |
Organización | SUPARCO[1][2] |
Data de lanzamento | 10 de decembro de 2001[3][4][5][6] |
Foguete portador | Zenit 2[1][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo da meteoroloxía especial e dos recursos terrestres.[1][4][5] |
NSSDC ID | 2001-056C |
Masa | 70 kg[1][2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7377,2 km[3] |
Inclinación | 99,2 graos[3] |
Apoapse | 1020,9 km[3] |
Periapse | 991,6 km[3] |
Badr B, tamén coñecido como Badr 2, foi o segundo satélite artificial de Paquistán. Foi lanzado o 10 de decembro de 2001 mediante un foguete ruso Zenit 2 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][3][4]
Badr B foi o segundo satélite artificial pertencente a Paquistán, aínda que lanzado mediante un foguete ruso Zenit 2. A finalidade do satélite é estudar a meteoroloxía espacial e facer observacións da Terra. Foi desenvolvido en colaboración co Reino Unido.[1][4]
Os instrumentos de a bordo poden monitorizar as nubes e o oxíxeno atmosférico a alta resolución.[1][4]