Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI ![]() |
Morte | 576 ![]() |
Actividade | |
Período de actividade | (Con vida en: 565 ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Arábia ![]() |
Baduario (morto en 576) foi un xeneral bizantino do Imperio de Oriente que viviu no século VI.
Era xenro do emperador Xustino II. Podería ser que fose o fillo ou o neto do Baduario magister militum e dux Scythiae.[1]
No 565 o seu sogro Xustino II, apenas chegado ao poder, nomeouno curopalata.[2] O ano seguinte foi nomeado magister militum e enviado polo emperador en auxilio dos xépidos, cuxo reino fora invadido polos longobardos.[3] Loitou nunha batalla preto de Sirmio e venceu nela. A batalla tivo lugar en 566 ou en 567. Tras esta batalla o rei dos xépidos Cunimundo rompe a alianza cos romanos de oriente que despois decidiron non o axudaren cando os xépidos foron invadidos aniquilados polos longobardos e os ávaros. Non se sabe con exactitude se Baduario foi un magister militum per Illyricum o máis ben un magister militum uacans ou un quaestor exercitus.
Despois nomeárono comes stabuli. O 6 de outubro de 573 el e o emperador Xustino II tiveron un litixio: o Augusto, que desde había un tempo daba signos de tolemia, insultouno e desterrouno; despois o emperador arrepentiuse e foi en persoa aos estábulos para se desculpar con Baduario.[4]
No 576 Baduario foi enviado a Italia para intentar expulsar aos longobardos, que en 568 invadiran Italia e a someteran en gran parte. Morreu en batalla contra eles.[5]