Baix Maestrat

Modelo:Xeografía políticaBaix Maestrat
Imaxe

Localización
Mapa
 40°28′15″N 0°28′29″L / 40.4708, 0.4747
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaCastelló Editar o valor en Wikidata
CapitalVinaròs Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación84.062 (2022) Editar o valor en Wikidata (68,83 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.221,32 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

O Baix Maestrat é unha comarca situada no norte da provincia de Castelló, no País Valenciano, no límite con Aragón e Cataluña. A súa capital é Vinaròs.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atópase no extremo nororiental da comunidade, na costa mediterránea. Limita ao norte coas comarcas do Matarranya (provincia de Teruel) e o Montsià (provincia de Tarragona), ao oeste co Alt Maestrat e Els Ports, ao sur coa Plana Alta e ao leste co mar Mediterráneo.

Concellos

[editar | editar a fonte]

Os datos básicos dos 18 concellos, coas cifras de poboación do padrón municipal de habitantes de 2023,[1] son:

Concello Habitantes
(2023)
Sup.
(km²)
Densidade
(2023)
(hab./km²)
Vinaròs 29.686 95,5 311,0
Benicarló 28.681 47,9 599,2
Peníscola 8.449 79,0 107,0
Alcalà de Xivert 7.160 167,6 42,7
Càlig 2.013 27,5 73,3
Sant Mateu 1.987 64,6 30,8
Traiguera 1.336 59,8 22,4
Sant Jordi 1.249 36,5 34,2
Rossell 891 74,9 11,9
Santa Magdalena de Polpís 784 66,5 11,8
Xert 686 82,5 8,3
Canet lo Roig 685 68,7 10,0
La Jana 678 19,5 34,8
La Salzadella 660 49,9 13,2
Cervera del Maestre 656 93,2 7,0
San Rafael del Río 494 21,2 23,4
La Pobla de Benifassà 235 136,2 1,7
Castell de Cabres 19 30,7 0,6
Baix Maestrat 86.349 1.221,5 70,7

Economía

[editar | editar a fonte]

As actividades tradicionais son, entre outras, a agricultura (cítricos, oliveiras, alcachofas) e a pesca. A alcachofa de Benicarló ten denominación de orixe. Dende finais do século XX, o turismo converteuse nun motor económico importante para a comarca.

A lingua predominante na comarca é o valenciano.