Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Teruel | |||
Capital | Alcañiz | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.304,2 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Páxina web | bajoaragon.es |
O Bajo Aragón (en galego: Baixo Aragón) é unha comarca situada no nordés da provincia de Teruel, en Aragón. A súa capital é Alcañiz.
Limita a norte co Bajo Aragón-Caspe, ao oeste co Bajo Martín e Andorra-Sierra de Arcos, ao sur coa provincia de Castelló e o Maestrazgo e ao leste co Matarraña.
A comarca engloba os municipios de Aguaviva, Alcañiz, Alcorisa, Belmonte de San José, Berge, Calanda, La Cañada de Verich, Castelserás, La Cerollera, La Codoñera, Foz-Calanda, La Ginebrosa, Mas de las Matas, La Mata de los Olmos, Los Olmos, Las Parras de Castellote, Seno, Torrecilla de Alcañiz, Torrevelilla e Valdealgorfa.
Historicamente a denominación Bajo Aragón referiuse a unha área moito máis extensa que a actual delimitación oficial. Esta área, que actualmente adoita denominarse Bajo Aragón Histórico, abarca tamén unha parte ou ata a totalidade de cada unha das 5 comarcas aragonesas veciñas.
A lei de creación da comarca actual é a 10/2002 do 3 de maio de 2002.[1] Foi constituída o 13 de xuño de 2002. As competencias fóronlle traspasadas o 1 de outubro de 2002.
Os municipios de Aguaviva, Belmonte de San José, La Cañada de Verich, La Cerollera, La Codoñera, La Ginebrosa e Torrevelilla son bilingües en castelán e catalán e pertencen á chamada Franxa de Poñente.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bajo Aragón |