O balancín[1] (tamén chamado balanceiro[2]) é un peza dun motor de combustión interna que serve para accionar as válvulas. Se a árbore de levas non está situada xusto enriba da válvula, o balancín transmite o movemento desta á válvula, que é operada indirectamente.
Un dos extremos do balancín é accionado pola árbore de levas: cando este movemento sobe un extremo do balancín, o outro baixa, abrindo a válvula. Pola contra, cando a leva baixa o balancín elevase no lado da válvula e permite que o resorte a feche.