O balastro[1] é un tipo de material formado pola mestura de grava grosa e pedra machucada sobre o que se asentan as travesas que suxeitan os raís das vías do ferrocarril.
Balastro deriva da palabra inglesa ballast, que significa "lastre", e fai referencia ao material empregado antigamente como lastre das embarcacións.
Obtense triturando rochas sas e debe cumprir certas especificacións en canto a calidade da material nai e na súa granulometría. Transpórtase en camións ata onde pode ser cargado en trens especiais con moegas que permiten a súa descarga na vía.
O balastro utilízase xeralmente como base de pavimentacións, tanto de pavimentos continuos como o aglomerado de pavimentos por pezas, tal como o empedrado.
De maneira similar, o balastro de vía cumpre a función de achegar estabilidade á vía férrea, facendo que permaneza coa xeometría dada durante a súa construción. Adicionalmente cumpre outras tres funcións importantes:[2]
O seu uso en liñas de alta velocidade é pouco frecuente, xa que a altas velocidades é frecuente que os grans que o compoñen se desprendan (fenómeno coñecido como voo de balastro), podendo danar compoñentes críticos do tren. Isto fai que na construción deste tipo de liñas se prefira construír unha plataforma de formigón, moito máis cara, pero moito máis fiable. Como solución, tamén se desenvolveron travesas cunha forma aerodinámica especial para evitar este tipo de desprendementos.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balastro |