Bananas Foster

Bananas Foster
Tipo de prato
Sobremesa
Datos
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
IngredientesPlátano, xeado de vainilla, manteiga, azucre moreno, canela, Licor de plátano e ron

O Bananas Foster é unha sobremesa feita con bananas e xeado de vainilla, cunha salsa feita de manteiga, azucre moreno, canela, ron e licor de banana. A manteiga, o azucre e os plátanos cocíñanse e logo engádese o alcol e flaméase.

O prato creouno en 1951 Paul Blangé no restaurante Brennan's de Nova Orleáns, Luisiana. O nome vén por Richard Foster, un amigo de Owen Brennan que era entón presidente de Comisión do Crime de Nova Orleáns. Prepárase nunha boa cantidade de restaurantes de Nova Orleáns e outras moitas cidades dos Estados Unidos e do mundo.