Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Fukushima | ||||
Distrito (pt) | Distrito de Yama (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.350 (2021) (56,05 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 59,77 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de abril de 1960 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | town.bandai.fukushima.jp | ||||
Bandai (磐梯町, Bandai-machi) é un concello localizado na prefectura de Fukushima, Xapón. En xuño de 2019 tiña unha poboación de 3.421 habitantes e unha densidade de poboación de 57,2 persoas por km². A súa área total é de 59,77 km².
A área do actual concello de Bandai era parte da antiga provincia de Mutsu. Foi o centro dun culto montañés baseado no monte Bandai e fundáronse numerosos templos budistas a partir do período Heian. Estes templos creceron até ter un forte poder militar e económico durante o período Kamakura, e só foron suprimidos no período Sengoku. A área formou parte das propiedades do dominio Aizu durante o período Edo. Após a Restauración Meiji, organizouse como parte do distrito de Yama (prefectura de Fukushima). A aldea de Bandai creouse o 31 de marzo de 1889 co estabelecemento do sistema de concellos moderno e foi elevada á categoría de vila en 1960.
Segundo datos do censo xaponés,[1] a poboación de Bandai diminuíu nos últimos anos.
Ano do censo | Poboación |
---|---|
1995 | 4.357 |
2000 | 4.109 |
2005 | 3.951 |
2010 | 3.761 |
2015 | 3.579 |
2020 | 3.322 |
Dende principios do período moderno, a xeración de enerxía hidroeléctrica e a produción de produtos químicos por parte de Nippon Soda Co., Ltd. foron piares da economía local. Porén, a economía local arestora desprazouse cara a produción de maquinaria de precisión e o turismo estacional, especialmente campos de golf e estacións de esquí.
Bandai ten dúas escolas primarias públicas e unha escola secundaria pública operada polo goberno da vila.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandai, Fukushima |