Bandeira de Cornualla | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:5 |
Adopción | século XIX |
Cores | Negro Branco |
A bandeira de Cornualla, tamén coñecida como bandeira de San Piran (en córnico: Baner Peran) é a bandeira do condado de Cornualla. A descrición máis antiga coñecida da bandeira como estandarte de Cornualla foi escrita en 1838.[1] É usado por algúns córnicos como símbolo da súa identidade.[2]
A bandeira atribúese a San Piran, un abade córnico do século V. Un dos primeiros usos dunha cruz branca e un deseño de fondo negro é o escudo de armas da familia Saint-Peran do século XV.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Cornualla |