No presente, o estado de Sikkim, na India, non conta cunha bandeira oficial. Porén, o reino independente de Sikkim tivo unha bandeira nacional até que se converteu nun estado da India no ano 1975.
O Reino de Sikkim utilizou varias bandeiras ao longo da súa historia. Todas contiñan unha roda de oración Budista khorlo co gankyil como elemento central.[1] Até o ano 1967, a bandeira mostraba un deseño moi complexo cun bordo fantasioso e pictogramas relixiosos que rodeaban o khorlo.
En 1967, adoptouse un deseño máis sinxelo debido á dificultade de duplicación da complexa bandeira. O bordo quedou vermello sólido, os pictogramas foron eliminados e a roda foi redeseñada.
Coa admisión de Sikkim á República da India e coa abolición da monarquía, a bandeira perdeu a súa oficialidade en 1975.[2]