Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Bank of Kigali (BK) (en galego Banco de Kigali) é un banco da República de Ruanda. O banco é autorizado polo National Bank of Rwanda (Banco Nacional de Ruanda), o regulador bancario do país.[1]
Bank of Kigali é o maior banco comercial de Ruanda por activos. O total dos seus activos foron valorados nuns 611.780 mil dólares americanos (RWF:422.36 billóns de francos ruandeses).
Naquela época, o patrimonio neto do banco era de preto de 102,5 millóns de dólares americanos (70.76 billóns de francos ruandeses).
En 2010, o banco foi clasificado entre os quince principais bancos comerciais en África Oriental, e un dos primeiros cen bancos en África.[2]
Bank of Kigali iniciou as súas operacións no ano 1966, prestando servizos bancarios comerciais para particulares, pequenas empresas e grandes corporacións. Antes de 2007, o banco belga Banque Belgolaise Arquivado 08 de outubro de 2014 en Wayback Machine. tiña un 50% das accións, pero despois do 2007 o goberno de Ruanda cómpralle ese 50%. Posteriormente, o goberno vendeu a súa participación a outras entidades, incluíndo ao Fondo de Seguridade Social de Ruanda (SSFR) e o National Post Office of Rwanda (NPR). Estaban en curso plans para que o goberno vendese a maior parte da súa participación do banco poñendo un 25% das participacións na Bolsa de Valores de Ruanda (RSE), no ano 2011.[3]
O 21 de xuño de 2011, a institución ruandesa Capital Market Advisory Council ( en galego, Consello Consultivo do Mercado de Capitais) coñecido polas iniciais CMAC, deu a súa aprobación ao Bank of Kigali de vender o 45% das súas accións ó RSE, así como que as súas accións estean na bolsa de valores. A negociación das accións do banco foron previstas para o día 30 de xuño de 2011.[4]
En abril de 2012, noticias de medios internacionais, indican que o Bank of Kigali estaba no medio dunha expansión para a veciña Kenya e Uganda.[5]
En decembro de 2011, a propiedade de accións do banco quedou como é descrita na táboa seguinte:[6]
Rede de oficinas[editar | editar a fonte]O Bank of Kigali dispoñía a xuño de 2012 corenta e sete oficinas, todas elas en tódalas provincias do país, chegando a ser o maior banco en Ruanda polo seu tamaño da rede de oficinas.[7] As localizacións destas oficinas inclúen os seguintes lugares:[8]
Directores[editar | editar a fonte]As actividades do Banco de Kigali son supervisados por uns de dez membros no Consello de Administración, os cales, excepto un, non son executivos. O actual presidente do consello é Marc Holtzman.[12] Consello de administración[editar | editar a fonte]As actividades do día a día do banco é administrada por un consello de administración de dez persoas, dirixido por un director, sendo actualmente Diane Karusisi, a directora executiva.[13] Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]Outros artigos[editar | editar a fonte]Ligazóns externas[editar | editar a fonte] |